Vostede está aquí

Evolución da poboación de Navea (1769-2023)

Apuntamentos sobre a poboación de Navea ao longo da historia
Poboación
Evolución da poboación en Navea (1769-2023)
Fonte Data Veciños Persoas
Censo de Aranda 1769   312
Censo de Floridablanca 1787   218
Dicionario Miñano 1826 99 502
Dicionario Madoz 1850 80 320
Nomenclátor do bispado de Astorga 1862 81 364
Nomenclátor do bispado de Astorga 1881 108 400
Nomenclátor do bispado de Astorga 1901 104 300
Gran Enciclopedia Galega 1974 75 349
navea.gal 2023 8 11
Ademais dos que aparecen na táboa, nos distintos documentos dos que foron extraídos aparecen outros datos relevantes.
Censo de Aranda: Detállase o censo por intervalos de idade, número de mulleres/homes e persoas solteiras/casadas.
Idade (anos) Menores de 7 De 7 a 16 De 16 a 25 De 25 a 40 De 40 a 50 Maiores de 50 Total
Mulleres/homes M H M H M H M H M H M H M H
Solteiras 25 30 1 1 51 50 2 3 3 5 2 1 90 84
Casadas     4 4 4 1 52 54 7 4 2 6 69 69
Total 25 30 5 5 55 51 54 57 10 9 4 7 159 153
55 10 107 111 19 14 312
Poboación
Censo de Floridablanca: Detállase o censo por intervalos de idade, número de mulleres/homes e persoas solteiras/casadas/viúvas. Tamén precisa que hai 46 persoas labregas, 12 xornaleiras e o resto son menores ou sen profesión específica.
Idade (anos) Menores de 7 De 7 a 16 De 16 a 25 De 25 a 40 De 40 a 50 Maiores de 50 Total
Mulleres/homes M H M H M H M H M H M H M H
Solteiras 23 22 17 12 3 4 1 1       1 44 40
Casadas             36 36 6 6 20 20 62 62
Viúvas             1   2 2 4 1 7 3
Total 23 22 17 12 3 4 38 37 8 7 24 23 113 105
45 29 7 75 15 47 218
Dicionario Miñano: Ademais de informar da poboación "99 veciños, 502 habitantes", fai unha descrición dos habitantes "Os seus naturais dedícanse xeralmente ao pastoreo; son sinxelos, de boa índole e costumes, e non carecen de enxeño e habilidade". Tamén dí "Produce centeo, patacas, castañas, algún trigo, liño, gando vacún, lanar e de porca. Industria: facer manteiga, fabricar rocas, e teares de lenzo e cintas. Hai minerais de ferro."
Dicionario Madoz: Di que a poboación está formada por "80 veciños, 320 almas". Describe a situación xeográfica “Norte da provincia de Ourense e confíns coa de Lugo, na marxe esquerda do río Navea pouco antes de confluír no Bibei, con boa ventilación, e clima moderado“. Fala de que existen unhas 75 casas distribuídas nos seguintes lugares "Borren, Cima de Vila, Seixo, Lameiros, Ponte Novo  e Navea".
Nomenclátor do bispado de Astorga: No do ano 1862 di que Navea está distribuída en 10 lugares e no de 1881 en 12 lugares.
Datos de Navea: 

Comentarios

Grazas, Manolo, por esta información tan interesante. Impresiona imaxinar Navea con 502 persoas. Bicos.