Vostede está aquí

Lugares de Navea

Lugares de Navea nos que hai ou houbo habitantes

A Ponte
A Borrén
A Pedela
A Quinta
A Cruz
O Casar
A Lama
O Moredo
O Requeixo
Os Paos
O Campo
O Souto
A Barronca
As Penas
Cimadevila
A Redonda
A Eirexa
Casenando
Palacio
Vilaboa
Os Lameiros
O Seixo
A Tella
...
Datos de Navea: 

Comentarios

( 3) -A Tella, é un lugar situado preto dos Lameiros,por riba da carrúa que vai cara a: Valdoufe, Valdonedo.......... Para situármonos mellor, imos imaxinar un triángulo..... isósceles, poida que sexa o máis axeitado. Tombado e ollando cara a O Seixo. Ben, pois na base teremos: no bértice dereito, Os Lameiros; no bértice esquerdo, A Tella; e no cume quédanos, O Seixo.

Podémolo atopar, entrando en: "Navea.Gal-Situación; en "Google", directamente; e tamén na "Six.pag"

Lembro ter escoitado, na miña casa máis dunha vez, comentarios arredor da que fora unha pequena aldea, mesmo con crego.Ollando, de vagar, as derrubadas construcións, é doado imaxinar que nalgún tempo fose unha comunidade, coma moitas, das que hai ao longo e amplo do noso país. Pretiño hai unha fonte, de boa auga, moi importante para a subsistencia.

Seguindo a imaxinar: E.....el non sería o crego da Tella aquel, "clérigo mercenario", que figura no escrito do século XVIII datado na Alenza?         Saúde.....e boa viaxe.      

Non incluímos "A Tella" porque aínda que coñecendo o nome e o lugar non sabiamos que estivera habitado nalgún tempo.

De momento aínda non atopamos ningún documento que faga referencia a ese lugar, pero seguro que aparecerá!

 

Grazas por colaborar!