Vostede está aquí

Navea en 1978

Navea ano 1978
Imaxe enviada por José Antonio
Colaboracións: 
Imaxes: 

Comentarios

(4)  Parabéns para o autor desta fotografía. José Antonio tivo, naquel "intre", voluntaria/involuntariamente, a lucidez de perpetuar unha visión fermosa e grata para a vista. Ollamos unha paisaxe auténtica. Saída dun acordo tácito entre natureza/home que a traballaba con xeito e moita sabedoría.

Daquela, os carros non só cantaban na "Cha" do Manuel María. Tamén por toda a contorna das chairas caldelás nos sorprendían en calquera revolta de calquera carballeira. Pero.... non, na parroquia de Navea, daquela xa non se escoitaban os seus rechouchíos. Os poucos que houbera no lugar xa había ben anos que dormían o sono do vencido e defenestrado. No mellor dos casos ó acollido, xa que, outros podreceran á intemperie.E os caldelaos, que adoito baixaban para coidar as viñas e logo para recolleitar os froitos, tamén, paseniño paseniño, foran abandonando aquelas viaxes.

Eu, abusando un chisco da profesionalidade do autor, pediríalle o favor de tirar unha nova fotografía dende o mesmo lugar e co mesmo obxectivo. Así, observándoa, poderiamos estudar e valorar as diferenzas "positivas/negativas".

Grazas José Antonio.

(Esta colaboración xa hai ben días que andaba agochada, polo fondo da miña neveira, arrefriando o seu contido. Hoxe, día da "Patria", estimo que é un bo día para ceibala do seu encerro.

Parabéns para todos@as).  Sant Andreu, 25/7/2015.      Bernardino.

.