Vostede está aquí

As consecuencias do incendio do verán (2)

Outra vez!
Vilaboa
Vilaboa
As rúas non eran moi anchas ...
Vilaboa
Imaxes: 

Comentarios

Boa tarde a tod@s:

O desastre que vén de soportar Galiza (eu non teño palabras para valoralo) supérame … Coido que vai ser moi moi dificil, ademáis de longa, a recuperación deses territorios queimados, das persoas afectadas... pero claro o máis grave é a perda das vidas que se tragou o lume. Esta desfeita fíxome lembrar que gardaba uns escritos arredor das consecuencias do lume que afectou á nosa parroquia no pasado ano. Así que, como ten a súa relación, aquí vos deixo o primeiro deles por se alguén quere dispor.

CONSECUENCIAS DO “LUME” (1/3) (31)

Boa tarde a tod@s:

(Aínda que con demora déixovos estes pensamentos arredor das desfeitas. Son só iso, “cavilacións ceibadas” por se alguén quere dispor).

Non tiveramos tempo de borrarmos as imaxes da primeira arroiada e xa chega a segunda...non hai dúbida que non será a derradeira. Unha mágoa ollar as novas imaxes, achegadas por Manolo, que nos deixan intuír os danos agochados que hai detrás, ao tempo que nos lembran que o monte quedou “orfo” de defensas diante das vindeiras quendas de: choivas, lumes, vento...; a desfeita non rematou, paseniño, paseniño vai facendo o seu traballo e sementando destrución; así mesmo a contaminación soterrada vai atacando todo a seu paso (o máis grave os acuíferos) e todo incrementará o maltrato ao raquítico caudal do noso Navea.

Eu gustaría de, poder pensar, que a causa das desfeitas fose só o lume, pero...poidera ser que non sexa así; poidera ser que no pasado non todo se fixese de xeito acaído; poidera ser, tamén, que na actualidade non se faga todo de xeito adecuado; poidera ser, tamén, que “todos ou case todos os veciños” de hoxe e de onte teñamos algunha responsabilidade nas formas en que se fixeron moitas das actuacións sobre o territorio ao longo de moitos anos; poidera ser, tamén, e isto si que é grave, que “ non nos deamos conta” das agresións que lle fixemos e facemos ao medio.

Pasexando devagar, polo lugar e arredores, non é dificil atopar actuacións claramente fóra de toda norma cívica, contrarias a dereito e tamén ao medio ambiente.

Saúde e boa viaxe.