Limpamos o depósito da auga da traída que había moito tempo que non se facía. Á convocatoria asistimos nove persoas polo que tocamos a pouco traballo. Unha ledicia comprobar que a xente está disposta a colaborar para facer de Navea un lugar aínda mellor do que xa é.
|
Comentarios
Grazas pola limpeza
Grazas ás persoas que estivestes limpando o depósito da auga.
Co voso traballo contribuídes a que outras persoas poidamos ir a Navea con máis comodidade. Contribuídes a manter viva Navea.
Grazas.