Vostede está aquí

"CEREIXAS"

Acceso á primeira colleita de cereixas

Bo dia,

Alá polo mes de marzo comezamos un proxecto: loitar contra o esquecemento. Aínda que sabemos que non hai maneira de vencelo, hai que loitar.

Tratábase de contar os nosos recordos de Navea a través de textos curtos e de facelo de forma coral, engadindo os nosos recordos aos doutras persoas. Decidimos chamar “cereixas” a eses recordos, porque sabiamos que un recordo levaría a outro, do mesmo xeito que se enganchaban polo rabo as cereixas unhas a outras cando as colliamos.

Hoxe queremos compartir convosco a primeira colleita de Cereixas.

Animádevos a lela e a participar en próximas edicións, que as haberá.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Saúde!

Luis Fenández

Acceso á primeira colleita de cereixas

Artigos: 

Comentarios

         -Parabéns pola idea que tiveches de poñer en marcha este proceso. 

         -Parabéns polo resultado. Coido que estupendo(cecais non debería dicilo ao ser eu partícipe  do mesmo).

           - Parabens polo laborioso traballo que fixeches para clasificar, ordear, editar,...todo o material que fomos enviando.

.   Só me resta  desexar que a segunda cañastra tamén chegue a estar ateigada. 

Para rematar, unha mala nova. As cerdeiras en Navea están adoecidas dalgunha praga que nos fai dubidar das vindeiras colleitas. Ogallá sexa só unha pandemia pasaxeira!

                                                                                                               Saúdos e saúde.