Vostede está aquí

Xente de Navea en Argentina

Alguén coñece a algunha das persoas da foto?

Equipo de fútbol de Navea

Imaxe enviada por Bautista

Imaxes: 

Comentarios

Bo día a tod@s: Subo hoxe, por primeira vez, a este "fermoso tren" que puxo ao noso dispor o Manolo de Casenando. Vexo que xa leva moitos viaxeiros.Aínda subirán máis, moitos máis..... Grazas Manolo. Ben, quero comentar a fotografía na que figuran persoas que eu coñecín cando era ben neno: O vello,que fai o brinde, é o sr. Avelino; a muller, que acolle unha nena no colo, é a señora Salesa, (dona do sr. Avelino); a moza que, aparece segunda pola esquerda, é Esperanza, (filla de Avelino e Salesa); o mozo, que figura detrás de Esperanza, é o seu home,Odilo. Eran os donos da casa sita en fronte da "Casa da Quinta". 

Saúde compañeiros.