Vostede está aquí

O nome de Navea

    Hai quen di que o nome de Navea garda relación coa neve. É certo que a principal fonte de alimentación do río son as neves de Queixa e o pobo está entre serras nas que no inverno branquean os cumes.

    O  lingüísta Cabeza Quiles di que este nome provén da partícula prerromana *nav, que significaría depresión ou valgada, val escarpado e fondo. É tamén o caso do río e da vila de Navia. Temos aquí uns nomes que fan referencia á configuración topográfica do terreo, forma cóncava, fonda, de nave ou barco. A toponimia sempre dándonos pistas.

 

Artigos: