Vostede está aquí

Comezou o curso escolar e mirade a nosa escola!

Escola de nenos de Navea
Escola de nenos de Navea
Escola de nenos de Navea
Escola de nenos de Navea
Imaxes: 

Comentarios

(5)  Boa noite a tod@s:

Acabo de entrar na "nosa web" (nosa, con permiso dos creadores), e atópome co impacto visual/emocional desas fotografías. Esta si que foi nosa, de moitos dos que aínda andamos polo mundo adiante, e de moitos máis que xa non andan..... Teño lembranzas agradables da miña etapa nesa escola, pero ese abandono e baleiro que nos mostran as imaxes...... arrepían. Non teño dúbidas, o peche das escolas tivo moito que ver coa desfeita da parroquia de Navea, e como non, de todo o rural galego.

Saúde, e boa viaxe.        Bernardino        Sant Andreu, 14 de Setembro do 2015

          Case  todos os que andamos mergullados nesta páxina recoñecemos as imaxes mostradas. Temos sentimentos, ás veces, enfrontados; xa que alí pasamos os nosos primeiros anos escolares, alí xogamos ao "marro" a "barril barrón" e, como non ao "futebol". Da "furgoneta" e da "piscina da Lucenza" falaremos outro día.  Tamén tivemos momentos non tan agradábeis, aínda que deses non vou falar.    

                Cecais estaría ben iniciar unha sección co posíbel título recordos, anécdotas...da escola de Navea.

                    Saúdos