O Regueiro de Navea

Así baixa o Regueiro na Ponticela

O Regueiro de Navea

Tempo de poda

Poda

Poda dunha vide de godello

A ZORA DA MORGAZA

“A ZORRA DA MORGAZA” (57)

Boa tarde. 

(Este relato, que vos deixo hoxe, ben podería ser unha das moitas historias estrañas que, a cada pouco (había moito tempo de lecer para darlle ao maxín), acontecían na  Galiza en épocas pasadas, ou tamén pode que sexa una lenda amañada de cercanía para darlle máis veracidade. Vós contades co poder de collela por unha banda ou pola outra. Xa que logo, tedes a responsabilidade lectora de mollarvos).

Xente de Navea (anos 50)

Imaxe facilitada por Elvira Fernández

"A ÉPOCA ESCOLAR EN NAVEA"

“LEMBRANZAS DA ÉPOCA ESCOLAR EN NAVEA”

(56)

Boa tarde:

Don Pedro.

A miña primeira etapa na escola trascorreu sendo mestre D.Pedro, xa nos derradeiros anos da súa carreira. Daquela había unha morea de rapaces en idade escolar. A convivencia non era nada doada entre as diferentes idades do ciclo formativo pois xeraba experiencias non sempre agradábeis. Os máis grandes tiraban proveito do seu poder para amedrentar aos máis novos e, xa que logo, máis débiles.

"A SANTA COMPAÑA NAVEÁ"

“A  SANTA COMPAÑA NAVEÁ” (55)

Bo día.

(Hoxe, día de “Aninovo”, vou deixar ceiba esta historia/lenda para que, os que non a teñades no voso fardel da memoria, poidades decidir se vos merece a pena recollela, e así axudar a evitar a posibilidade de perdela).

Disque o tempo pasa voando, tamén que a percepción que un ten del depende da idade: cando un é novo, o tempo vai paseniño, paseniño..., cando xa un vai collendo anos, estes van collendo outra velocidade, e logo, non digamos cando un xa tomou conciencia de que é vello, entón os anos voan.

"OBRAS DE ARTE NAVEÁS"

“OBRAS DE ARTE NAVEÁS”  (54)

Boa tarde:

O territorio Naveán  todo el é  “arte” (disculpade esta miña afirmación tan categórica, sen contar con bases científicas para tal, pero eu agora, despois de moitos anos, véxoo así. O territorio naveá é moi variado (é certo que para cultivar é moi duro, pero agora non estamos a calificar este apartado), e iso dalle aínda máis beleza.

E de beleza temos a esgalla:

As cortiñas, con terras fértiles que nos permitiron a subsistencia por moitos séculos da nosa historia.

“O MES DE NADAL” (53)

(Lembranzas duns anos que xa van aló, moi, moi lonxe).

Reunión do luns 14

En relación coa convocatoria feita polo Concello dunha reunión o luns 14 de setembro ás 18:00, informámosvos que están chegando comunicacións ás persoas propietarias de eidos afectados pola faixa secundaria de prevención de incendios (para a limpeza da maleza nunha franxa de 50 m arredor das casas). Constatamos que algunhas destas comunicacións conteñen erros que xa se puxeron en coñecemento do Concello.

Páxinas

Subscribirse a Navea está no mundo!  RSS