Vostede está aquí

Historia

O coñecemento que temos, polo menos a maioría, da historia de Navea é moi escaso.

Desde cando hai habitantes en Navea?

É certo que o pobo comezou por Vilaboa ou só é unha lenda?

Quen eran as persoas propietarias das terras, antes de que estas pasaran a ser propiedade das veciñas e veciños?

As marcas profundas que hai nas rochas son consecuencia dunha rota de transporte?

Estas e outras moitas preguntas gustaríanos que tivesen resposta e esperemos que esta web axude a logralo.

Vilaboa

Vilaboa: onde comezou todo ou onde non.
Vilaboa

Navea na Idade Media

Nome de Navea

Navea quere separarse de Trives (ano 1930)

O catorce de agosto de mil novecentos trinta, veciñas e veciños de Navea asinan un documento no que solicitan a segregación do concello de Trives, coa intención de incorporarse ao concello de San Xoán de Río. O territorio do que se pide as separación é o situado á marxe dereita do río Navea.

A desamortización

No ano 1843 tivo lugar, aplicando a lei de desamortización dos terreos do clero secular de 1841, a venda xudicial de cinco propiedades pertencentes a Reitoría de San Miguel de Navea.

Os datos desta venda, xunto con outros, encontrámolos nun documento que nos facilitou Bautista Ramos. Este documento estaba na casa do seu tío Juan.

As terras véndense nun único lote o que impide que os labregos con poucos recursos podan ter acceso a elas, igual que ocorreu na maioría dos lugares.

Tempo de rega. "A Sentenza"

Alá polo ano 1898 elaborouse un documento no que se recolle o reparto da auga do Regueiro e da fonte da Quinta. Este documento coñecido en Navea como "A Sentenza", publicouse o 17 de abril de 1898.
Imaxe do libro

Navea na metade do século XVIII

Como diciamos hai uns cantos días localizamos un documento con interesante información sobre Navea. Dese documento sacamos uns poucos datos sobre o noso pobo, os que consideramos máis relevantes, que pensamos axudan a  coñecer como era Navea a mediados do século XVIII.

Navea 1752

Encontramos un documento do ano 1752 con interesante información sobre Navea.

Navea 1752

Subscribirse a RSS - Historia