Vostede está aquí

Artigos

Envía o teu artigo.

Máis de 100 !!

Máis de 100 aportacións á Lingua de Navea !!!!

Impresionante!!!

Grazas Xosé Lois pola túa perseveranza en recoller, analizar, e por exemplos do uso destas palabras.

Saúde!!

"NA PROCURA DAS PALABRAS ESQUECIDAS"

“NA PROCURA DAS PALABRAS ESQUECIDAS” (69)

(Este escrito, que é un desexo meu, vai adicado ao mestre “Xosé Lois”. Del foi a idea de intentar recuperar as palabras esquecidas da língua máis nosa, a de Navea. Agardo que tamén sexa compartido por tódolos que o lean).

                                    —-----------------------------------

"NA PROCURA DO IKIGAI"

Boa tarde.

( Vai, sobre todo, para aqueles que se manteñen resilientes no costume de visitar esta páxina. Desexo que vos agrade).

A fonte da Quinta

“A FONTE DA QUINTA” (67)

Eu amo tudo o que foi.

Tudo o que já nâo é. (Versos do gran F.Pessoa).

Ben, pois non, a fonte da Quinta xa non é o que foi, aínda así, quero lembrar o que si foi, para así, poder gozala de novo.

Fiadeiro diurno?

(Poida que sexa un chisco atrevido o calificativo pero, aínda así, eu diría que algo había).

LÉMBROME...

Boa tarde.

Vai uns días, atopándome na casa, pola noite, na cama e con insomnio, véuseme  á cabeza contar cantas casas de Navea lembro habitadas. Moitas!!! Posibelmente algúns dos lectores recorden máis, polo que quedan convidados a engadilas.

NA PROCURA DO SILENCIO

Bo día.

Olla a rúa agochado tralos vidros abafados da fiestra e, mentres, cantaruxa os versos da nosa grande, universal, eterna Rosalía: “Chove, chove, na casa do probe…”

─E non para, vaia día!

As algarias Naveás

Boa tarde.

"CEREIXAS"

Acceso á primeira colleita de cereixas

Bo dia,

Alá polo mes de marzo comezamos un proxecto: loitar contra o esquecemento. Aínda que sabemos que non hai maneira de vencelo, hai que loitar.

O GAITEIRO NA GALIZA RURAL

“O GAITEIRO NA GALIZA RURAL” (61)

Boa tarde.

(Esta lenda/conto, ven de lonxe. Na nosa cociña, arredor do lume, naquelas  noites do longo e xélido inverno, escoitávase a cotío. O narrador non era outro que o noso pai. Gostaba de agasallarnos con contos moi sinxelos pero que abranguían todo o acervo cultural da época, pero sobre todo de animais salvaxes , aínda que tamén os que convivián nas cortes  e poleiros da casa, tiñan o seu oco.

FESTA DA MADALENA NOS ANGUIEIROS

“FESTA DA MADALENA NOS ANGUIEIROS”

Boa tarde.

(O visionado dun video con imaxes da aldea dos Anguieiros (para min moi fermosas por certo), tróuxome ao maxín unha, coido, fermosa e divertida experiencia de cando era un rapacete. Aquí vola deixo por se alguén quer dispor).

Un domingo daqueles que non  tiñamos ren a facer, algún do grupo dos que nos xuntabamos para acudir ás festas, propuxo que habiamos de ir á Madalena aos Anguieiros. Eu nunca tivera a oportunidade de visitar aquel lugar, só o coñecía pola visión que se ten dende a estrada de Montefurado.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Artigos