Vostede está aquí

Artigos

Envía o teu artigo.

Na vendima

Hai uns días estiven en Navea. Se podo, vou cada ano polo mes de agosto, aínda que só sexan catro ou cinco días. Sábeme a pouco pero procuro non deixar de facelo.

Esta vez foi diferente por moitas razóns. Acabo de xubilarme e fun alí coa intención de desconectar. Despois de corenta e cinco anos traballando, a maior parte deles no ensino, levaba uns días “descolocado”. Que mellor que ir a Navea?

"A NADA"

Oh, outra vez a cerdeira! Agora cargada do froito que xa nos auguraba na primavera cando se nos ofrecía chea de flores. Pois nada, só sana envexa, ou non? Non non, ademáis ...“están verdes”.

Lembranzas dos veráns.  “A NADA”  (36)

O MODANCO OU A MODANCA

                    Despois dun prolongado silencio debido unhas veces ao desleixo, outras ao cansazo e, nalgúns casos, á falta de ideas,  vou retomar a actividade para narrar algunhas historias, anécdotas ou acontecementos que forman parte do noso pobo e das nosas xentes.

"SOS"

“SOS” PARA O NOSO TREN “NAVEA ESTÁ NO MUNDO”.

Boa tarde para tod@s:

Ben, non podo crer que o noso “AVE” parroquial (agasallo duns veciños emprendedores) non poida ter sostibilidade. Somos moitos os que aínda quedamos e contamos con Navea no noso ADN. Xa que logo, cómo non vai ter posibilidades de reconducír a situación de esquecemento na que se atopa?

Cómpre reparalo e botalo a andar de novo.

(Disculpádeme polo título, poida que sexa un chisco esaxerado...)

Saúde e boa viaxe.

REFLEXIÓNS SOBRE O PROCÉS CATALÁN

                               Levan bastante tempo bulíndome pola cabeza unha serie de ideas sobre a cuestión á que  alude o título.  Como  sei que esta páxina ten moitos seguidores en Catalunha, vou permitirme  a "ousadía" de opinar, asumindo que é un tema delicado, que haberá discrepancias e que incluso alguén poida dicir "que saberá este a 1000km de distancia". Mais, eu coido que opinar é san e as discrepancias, arrequecedoras.  

XOGOS, MOI POPULARES, NAVEÁNS(1)

               Esta será unha subsección dentro da sección ANÉCDOTAS....Xa adianto que non vou incluír, inda que poidan facelo outros ou outras, a billarda. Este ten unha ampla difusión en toda Galiza e mesmo hai campionatos a nivel galego. Só mencionarei aqueles outros que son 100% autóctonos ou que conteñen unha regras ben diferenciadas. Animo a quen queira particicipar a que eses xogos que están na saca do esquecemento, aboien e quede constancia deles para as xeracións dos vindeiros séculos.

ANÉCDOTAS, ACONTECEMENTOS, FEITOS, HISTORIAS, RELATOS, EVENTOS, CURIOSIDADES...

          Imos encetar un novo tema que pode ser do interese de moitas das persoas que acceden a esta páxina. Neste proceso sería vital a aportación e colaboración de moita xente; deste xeito, podería  chegar a ser unha especie de enciclopedia das nosas historias( ao mellor excedinme).

ESTRADA A PONTE-NAVEA

       Imos escomenzar un novo tema que, espero, se converta nunha grande reportaxe, feita coas aportacións de todas as persoas que queiran e poidan participar.

     A devandita obra foi, coido, unha das máis importantes dentro da inxeniería civil dende a época das pirámides exipcias ou das calzadas e anfiteatros romanos(permítaseme a brincadeira).

O TÍO COXO

      Quen foi este home? Canto hai de realidade e canto de mito?  En Navea todo o mundo oíu falar del pero case ninguén sabe ren. Porén, permanece no imaxinario colectivo e suscita, cando alguén saca o tema, interese e dúbidas. Animo a todas as persoas que poidan aportar algo sobre este persoeiro, o fagan,e, entre todos, reconstruír a súa historia.

O nome de Navea

    Hai quen di que o nome de Navea garda relación coa neve. É certo que a principal fonte de alimentación do río son as neves de Queixa e o pobo está entre serras nas que no inverno branquean os cumes.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Artigos