SOS? (Non, só unha aleta)

 

SOS?

(Non, só unha alerta)  42

Boa tarde : 

 

(Este artigo fora redactado antes do meu esaxerado “SOS” pola páxina “Navea está no mundo”(4/6/18)

É unha alerta, coido que, máis coherente. Non sabería dicirvos o porqué non saiu publicado naquel intre e agora si. Ben, supoño que son teimas de vello... )

Despois dun tempo calado (obrigado por razóns persoais), vou facer unha reflexión aberta a tódolos que, dun xeito ou doutro, mantedes certa fidelidade co proxecto/realidade “Navea está no mundo”.

Vendima en Casenando (2019)

Vendima 2019
Vendima 2019
Vendima 2019

Placa estrada. Informe dos gastos

Podedes consultar o informe dos gastos, facilitados por Elvira Fernández, da placa da estrada: Aquí

Agradecementos de Mónica Gutierrez

Desde a Arxentina, Mónica que estivo con nós este verán, enviounos este texto: Ver

Aproveitamos para enviarlle unha forte aperta a todas as persoas con orixe en Navea que viven nese país.

Andaina ao Cerengo

Andaina Cerengo
Andaina Cerengo
Andaina Cerengo

Limpeza da traída da auga

 

Hoxe tocaba reparar a traída da auga. Non estivemos todos pero si os suficientes.

 

Colocación placa estrada

O sabado 17 de agosto ás 12 horas, no comezo da estrada na Ponte, terá lugar a colocación da placa homenaxe ás persoas que fixeron posíbel  o que  naquel momento parecía imposíbel:  que a estrada chegara ata Navea.

 

Placa estrada. Texto definitivo.

Ás persoas de Navea que nos anos 60 do século pasado, con moito esforzo e moi poucos medios, construíron esta estrada.

Navea, agosto 2019

Texto definitivo da placa que se colocará na estrada.

A estrada desde A Ponte a Navea

Nos anos 60 do século pasado o pobo de Navea construíu a estrada que comunica A Ponte con Navea. Esta foi unha obra de tal envergadura que supuxo un grande esforzo para as persoas (case todas as do pobo) que a levaron a cabo.

A todas esas persoas queremos renderlle unha pequena homenaxe:

Mais información ...

Páxinas

Subscribirse a Navea está no mundo!  RSS